XXIV Día da Ciencia na Rúa 2019

 

O sábado 4 de maio, os nenos e nenas de 6º A e B fomos ao Parque de Santa Margarida a expoñer os nosos traballos.  Os nenos e nenas de 6º B fixeron retos STEAM, pelota saltarina e construccións. Ademais levamos un plano de Carral en 3D  no que había que manexar  un escornabot por todo Carral, e un libro feito coa colaboración de todo o cole.

Estivemos alí dende as 10 da mañá montado todo o traballo, ás 11 comezou a feria. Houbo un descanso para ir a comer de 14.00 a 16.00 h. Continuou ata as 19.00 da tarde.

Foi unha moi boa experiencia para todos nós, así como para toda a xente que visitaba o noso traballo.

Os nenos e nenas de 6º B están feitos uns científicos!!