Formación de usuarios na Biblio!

O pasado luns fomos a biblioteca, donde Lidia, a mestra de PT do cole explicounos e recordounos cousiñas para coidar, mellorar e traballar na biblio.

  • Débese merendar fóra da biblioteca.
  • Nos ordenadores da biblioteca podemos facer consultas, non xogar.
  • Os libros están colocados seguindo unha orden, ollo ao coller un libriño, haino que devolver ao seu sitio!!!
  • Temos un novo espazo, o espazo maker!!! Alí podemos facer construccións e tamén usar os escornabots.
  • Podemos consultar o catálogo a través da web!! Así xa sabemos se hai o libro que queremos.

E por último, este ano tamén somos colaboradores da biblio, así que nalgúns recreos estaremos a disposición para axudarvos.

 

Experimentos

Estas últimas semanas varias compañeiras animáronse a compartir con nós algún experimentos sobre a tensión superficial da auga.

Aí vos quedan os videos e fotos.

 

Lucía coa tensión superficial da auga.

Mary Carmen co seu experimento do leite.

This slideshow requires JavaScript.

 

Investigación 6º B

Durante este curso iremos facendo pequenas investigacións sobre temas de actualidade. A primeira de toda, que aquí vos deixamos é sobre as velutinas. 

Por que escollemos este tema?

Porque durante a Open Science de Cambre, o posto que máis nos gustou e chamou a atención foi o de Protección Civil que tiña nidos e avispas velutinas. Eles son uns expertos en eliminalos.

E así foi como comezamos a investigar. Aquí vos deixamos o vídeo co noso traballo.

 

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves fomos ler contos aos nenos e nenas de Primeiro.

Tivemos que escoller os libros para eles, e non foi nada doado. Finalmente decidimonos polos álbumes ilustrados. Algún dos títulos foron: “ Elmer”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquello na cabeza”, “A vaca que puxo un ovo” ou “ Corre corre, cabaciña”.

Foi unha moi boa experiencia, o xoves repetiremos!!

This slideshow requires JavaScript.