Eleccións de delegados

Necesitábamos un delegado e subdelegado e puxémonos en marcha para elixir os nosos representantes. 

O primeiro que necesitábamos eran as candidaturas, e non se fixeron esperar… tiñamos 5 candidatos: Iago Quindimil, Nicolás Arcay, Bieito, Samuel e Mary Carmen. 

Os cinco presentaron as súas candidaturas ante os compañeiros e compañeiras, elaboraron os seus discursos e puxeron en marcha a súa campaña.

Despois ducha xornada de reflexión, realizáronse as votacións.

Formamos a mesa electoral formada por Miriam como presidenta e Nora como secretaria para o reconto. 

E ese foi o resultado:

Delegada: Mary Carmen.       Subdelegado: Nicolás Arcay

Novas sobre I Open Science Cambre

O luns seguinte a nosa participación na feira, aínda coa resaca dun día tan intenso puxémonos a buscar que novas se publicaron sobre ese día nos medios de comunicación.  Estas son as que atopamos:

A ciencia desborda Cambre

A ciencia mobiliza a máis de 3000 personas

Premios aos experimentos

Estade atentos, nalgunhas delas saímos nós!!

Unha vez que as lemos e analizamos, en grupos dispuxémonos a facer as notas novas, que mellor que escribilas en primeira persoa!

This slideshow requires JavaScript.

 

I Open Science Cambre

O pasado sábado 15 de setembro, recén chegados ao novo curso acudimos a primeira feira científica en Cambre. Alí expuxemos o noso traballo ao ladiño dos compañeiros e compañeiras de 3º de Primaria.

Foi unha experiencia estupenda, non so ensinar o traballo, tamén por ver os diferentes materiais do resto de participantes, ata de Holanda viñeron!! E por suposto, gustounos moito participar nos espectáculos!!